Top-level heading

Webinar "Os estudos galegos no exterior. Propostas e debate para un diagnóstico" - Venerdì 14 Luglio 2023

Prezado/a colega, 
Dende a dirección da Asociación Internacional de Estudos Galegos comprácenos anunciarlle que o venres, 14 de xullo de 2023, de 12 a 13:30h (GTM+1) se celebrará o webinario "Os estudos galegos no exterior. Propostas e debate para un diagnóstico".
Co obxectivo de avanzar na reflexión acerca da situación actual dos Estudos Galegos no exterior, durante esta sesión darase conta dalgúns resultados obtidos no cuestionario realizado e propiciarase un debate entre as persoas interesadas.
A asistencia require inscrición, que poderá realizar a través da ligazón ou do código QR incluídos no cartel. 

Agardamos que esta información sexa do seu interese e poder contar coa súa participación.